Dragón Negro - 04-08-2006 19:55:18 | Categoria:
Xoguetes
Grande surtido en peluches. Dende os máis horribeis ata os máis riquiños. Eso si, todos moi frikis, comos nos gusta por eiquí.
Vía La Petite Claudine
Dragón Negro - 04-08-2006 18:21:38 | Categoria:
Páxinas para tod@s

Xa non fai falla marchar da casa de papá e mamá para ser independiente. Para todos vós, rapaces e rapazas, chega o
Emancipator!
Vía elástico
Dragón Negro - 04-08-2006 17:47:10 | Categoria:
Xeneradores

Todos temos un alter-ego cyborg. Descubre o teu e o significado do teu nome en
The Cyborg Name Generator.
Vía Orballo
Dragón Negro - 22-10-2005 20:22:33 | Categoria:
Páxinas para tod@s

Din que a
Coca-cola quita a ferruxe e abranda os ósos e os dentes, pero en Escocia teñen a súa propia bebida con cafeina que lle pranta cara ó xigante das bebidas,
Irn-Bru.
Como ben di o seu lema
"Feito en Escocia con trabes" e é, xunto á
Inca Kola, a única bebida propia dun pais que lle fai fronte a Coca-cola e
Pepsi.
A súa historia, así como a súa composición, están cheas de curisosidades que fan máis grande a lenda desta bebida escocesa.
Porque na vida non vai ser todo whisky.
Quen sabe, mesmo en breve poderemos ter unha opinión cualificada do autor de
Días en Oxford.
Vía
elástico
Dragón Negro - 22-10-2005 18:36:08 | Categoria:
Invencións

O da bicicleta estática está pasado de moda, xa non é
cool. Para facer exercicio cuberto nada mellor que montar a cabalo, pero como as solucións habitacionais nas que vivimos non che son como para andar metendo cabalos dentro os xaponeses traen ás nosas vidas
a máquina de montar de andar por casa.
Se estás farto de cheirar a estrume e andar nas alpacas para coida-lo cabalo pero non queres deixar de facer exercicio esta é a solución que andabas a buscar.
Xapón é o futuro.
Vía
Tokyo Times
Dragón Negro - 22-10-2005 18:20:09 | Categoria:
Animacións

Nesta curradísima animación, co suxerente nome de
Son of a peach, temos a explicación que moitos levábamos agardando sobre que pasa despois de que rematas o xogo
Super Mario Bros.
Porque os personaxes de videoxogos tamén teñen a súa vida privada.
Dragón Negro - 18-10-2005 01:19:29 | Categoria:
Páxinas para tod@s

Picando na imaxe poderedes ver unha perfecta representación da xerarquía friki. Para saber se estades arriba ou abaixo ou simplemente no medio.
Vía elástico.net
Dragón Negro - 18-10-2005 01:05:22 | Categoria:
Programas
Visited Countries é a versión moderna do mapamundi na parede con chinchetas non sitios que visitaches. Agora xa podes deixa-la parede libre para por o póster dos
triunfitos.
Comparte connosco o teu mapa nos comentarios.
Vía Weblog de un friki
Dragón Negro - 17-10-2005 23:35:32 | Categoria:
Páxinas para tod@s
Se queres vender algo e non sabes como. Se queres poñer unha frase graciosa no teu coche. Se queres ser presidente de calquera cousa. Este é o teu xerador. Con The Advertising Slogan Generator poderás crear os slogans máis inxeniosos con só premer un botón. Introduce o teu nome, o nome da túa empresa, do teu partido, etc. e xa está.
Vía
Orballo
Dragón Negro - 17-10-2005 21:16:48 | Categoria:
Páxinas para tod@s
Suiciding Bunnies amósanos a uns coellos con moi pouco amor po-la vida e que proban mil e unha maneiras para deixar de vivir, a cada cal máis inxeniosa e dolorosa.
Humor negro do bo.
Dragón Negro - 17-10-2005 20:47:37 | Categoria:
Páxinas para tod@s
Con este xerador de techno-babble de Star Trek nunca quedarás sen conversa nin na ponte de mando nin na cantina.
O funcionamento é ben sinxelo. Cada vez que entras na páxina ou refrescas a mesma (F5) aparece unha conversa nova entre dúas personaxes da serie.
Vía La Cosa Húmeda
Dragón Negro - 17-10-2005 20:37:37 | Categoria:
Novas

Chegaron as primeiras chuvias e ao Dragón Negro entráronlle ganas de volver sair a dar unha volta po-la internet a recoller refugallos. Porque, sexamos sinceros, ó Dragón Negro non lle gusta nin a calor nin o verán.
Andamos a ver de mudar algo o aspecto da bitácora, pero sen presa, non sexa que deixe de furrular. O único que cambia de momento é a forma de presentar as ligazóns, esperamos que vos guste. E se non xa sabedes, para iso están os comentarios.
Dragón Negro - 07-08-2005 23:53:36 | Categoria:
Novas

Por algún tempo, e inda que a ninguén lle importe, esta bitácora tomará un descanso (¡¿Un descanso?! ¿Non estaba morta? Non, non estaba morta, estaba de parranda, e nunca mellor dito)
Así que a finais de setembro ou por ahí volveremos con moreas de ligazóns con interese cultural e didáctico nulo. Intentaremos ofrecer unha bitácora remozada e cunha nova forma de ofrece-los contidos máis atractiva. E se non tampouco pasa nada (total, para a xente que nos le...) Non. É verdade, serán poucos pero son bos, así que hai que cuidalos e darlle-lo mellor.
Se me esquezo de cumplir cas miñas obrigas aquí escritas non deixen de facermo saber nos comentarios.
E neste tempo de retiro non deixen de rir. A nosa suxerencia para tal acto:
Mi perro se llamaba Indiana. A bitácora dun expatriado nos Estados Unidos, membro do CFC Dragón Negro e activo colaborador desta bitácora.
Dragón Negro - 12-06-2005 17:53:24 | Categoria:
Tests
¿Eres estúpido? ¿Un tolo dos ordenadores? ¿Eres raro? ¿Un tolo de Star Trek? ¿Bo ou malo? ¿Cando vas morrer? ¿A que agardas para achar
eiquí resposta a estas e a outras moitas preguntas?
Dragón Negro - 05-06-2005 22:16:45 | Categoria:
Páxinas para tod@s

... do Primeiro País do Mundo Libre, ou o que é o mesmo o pais onde as maiores estupideces poden ter lugar.